Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
23/03/11

POSTA EN MARCHA DE NOVOS PROGRAMAS E ACTIVIDADES NO IES

Os novos programas e actividades postos en marcha no IES Antonio Fraguas como mostra da colaboración e do traballo en rede con diferentes entidades no barrio de Fontiñas, son os seguintes:

- PROGRAMA DE SEXUALIDADE PARA 4º DE ESO a cargo de IGAXÉS
Tras rematar a intervención cos OBRADOIROS PARA 1º e 2º de ESO "[i]COÑECE A NOSA CULTURA" , na actualidade, IGAXÉS desenvolve unhas actividades formativas sobre sexualidade.

- PROGRAMA DE MEDIACIÓN ESCOLAR. A petición do IES, (percibido como algo necesario e xa recollido nas propostas do Plan de Convivencia e do Observatorio para a Convivencia) os EDUCADORES DE RÚA (Concellaría de Benestar Social) que traballan no Barrio de Fontiñas, van responsabilizarse da formación do alumnado mediador. Contan ademais co apoio do Departamento de Orientación e dun grupo de titores e profesores, moitos dos cales son membros do Proxecto Europeo Comenius.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)