Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
17/03/11

Programa CAMPAÑA DE VERAN

Infórmase da oferta de prazas subvenís dentro do programa “CAMPAÑA VERAN 2011” - Consellería de Traballo e Benestar (Orde do 21 de febreiro de 2011; DOG nº 45, do 7 de marzo de 2011).

Obxecto do programa:
Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.

Participantes:

Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I da devandita orde para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
* Os nacidos no ano 1993 no poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
* Os nados no a o 2002 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Servizos:
* Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o.
* Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
* Manutención en réxime de pensión completa.
* O material necesario para a actividade.
* Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.
* Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
* Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

Prazo de solicitude: Ata o 22 de marzo de 2011.

Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)