Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
15/03/11

Estadias de Tempo LIbre

A Secretaría Xeral de Igualdade convoca a concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Requisitos das solicitantes:
a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou os fillos que a acompañen unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.

Prazo de solicitude:

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial deGalicia.

Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.

Fonte: Resolución do 25 de febreiro de 2011 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. DOG nº 50, de 12 de marzo de 2011.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)