Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
28/02/11

AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS Á PROMOCION DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade e se procede á súa convocatoria.(DOG nº 40 do 28/02/2011).

Obxecto da convocatoria:
Concesión de axudas individuais, de caracter non periódico, a persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2011, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a: Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria, Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda. e/ou Adquisición de próteses dentais e audífonos.

Persoas beneficiarias:
a. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: Grao III, niveis 1 e 2; e/ou Grao II, nivel 1 e 2.
b. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde, sempre que lles sexa recoñecida en calquera dos graos e niveis anteriores.

Prazo de solicitude:

Dous meses contados a partir do día seguinte da publicación da orde. Ata o 28 de abril de 2011.

Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.

Fonte: Orde do 17 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 40 do 28/02/2011).

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)