Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
23/02/11

ESCOLAS INFANTIS DE FONTIÑAS E CONXO

A Xunta de Goberno aprobou os prazos de solicitude de renovación e novas admisións nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas, as dúas de xestión municipal (Concellería de Educación).

O prazo de presentación de solicitudes de renovación e traslado para as escolas infantís de Conxo e Fontiñas abrirase o 1 de marzo e concluíra o 10 do mesmo mes. Revisadas as reservas de praza e expostas publicamente o 14 de marzo, un día despois abrirase o prazo de solicitude de novos ingresos, do 15 de marzo ao 15 de abril.

As solicitudes deberán presentarse coa correspondente documentación no Rexistro Xeral do Concello ou nos rexistros auxiliares. Unha vez que se coñeza a relación definitiva de admitidos e lista de espera, abrirase o prazo de matrícula.


Síntese dos prazos:

1. Prazo de presentación de solicitudes de renovación é traslado: do 1 ao 10 de marzo
2. Prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso: do 15 de marzo ao 15 de abril.

[i]Para mais información: www.santiagodecompostela.org [/i]

Fonte: Acta resumo da Xunta de Goberno do 22 de febreiro de 2011. Pódese consultar na web: www.santiagodecompostela.org

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)