Novas

Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
15/02/11

Programa de prevención de drogodependencias a través do adestramento de Habilidades para a vida para alumnado de 3º da ESO do IES Antonio Fraguas.

Infórmase da posta en marcha dun obradoiro de prevención de drogodependencias a través de adestramento de habilidades para a vida, para alumnado de 3º da ESO no centro educativo IES Antonio Fraguas. Dous monitores a longo de oito sesións de unha hora de duración adestrarán ao alumnado en diversas habilidades sociais para a vida. O desenvolvemento das habilidades sociais está directamente relacionado cun axeitado funcionamento psicolóxico, académico e social. Polo tanto, promovendo a competencia persoal e social do alumnado, estaremos facendo prevención de diferentes problemas: desaxustes psicolóxicos, problemas emocionais e escolares, conductas disruptivas, violencia, inicio temperá de consumo de drogas...

Realízanse os luns e os martes en horario lectivo desde o 17 de xaneiro ao 15 de marzo coa colaboración do departamento de orientación do centro.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)