15/02/11
Proxecto de intervención educativa individualizada alternativo á expulsión no IES ANTONIO FRAGUAS
Infórmase do desenvolvento do proxecto de intervención educativa individualizada alternativo á expulsión para o alumnado do centro educativo IES Antonio Fraguas (Programa de Bo Rollo). Vai dirixido a alumnado sancionado con unha expulsión de 1 a 3 días e ao que xa foi obxecto de expulsión e ten grave risco de volver a ser sancionado.
O obxectivo xeral é plantexar unha alternativa socioeducativa á expulsión do alumnado do centro escolar coa finalidade de evitar a mesma e diminuir as consecuencias negativas que padece o alumnado referidas ó absentismo escolar e ás conductas disruptivas e antisociais que levan á apertura de expedientes disciplinarios. Concretamente trátase de dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para favorecer o desenvolvemento socioafectivo e a aprendizaxe de valores cívicos, potenciando a adquisición de habilidades cognitivas, emocionais e de conducta, así como de resolución de conflictos.
Os profesionais responsables do desenvolvemento do proxecto son dous educadores sociais e unha psicopedagoga coa colaboración do departamento de orientación do centro.. Temporalización: novembro2010-marzo 2011.