Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
15/02/11

PRESTACION PAGO UNICO MENORES DE 3 ANOS

A Consellería de Traballo e Benestar convoca a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2011.

Requisitos das solicitantes:

a. Ter a residencia habitual en Galicia.
b. Que os menores convivan coa persoa solicitante.
c. Que os menores teñan menos de 3 anos a data de 1 de xaneiro de 2011 (menores nacidos entre o 2 de xaneiro de 2008 e o 1 de xaneiro de 2011).

Prazo de solicitude:

40 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG (DOG nº 31, de 15 de febreiro de 2011).

Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.

Fonte: DOG. 2011.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)