29/10/24
Programa de conciliación de Nadal nos CEIP Quiroga Palacios e Montes dos Postes
O programa municipal de conciliación de Nadal desenvolverase entre o día 23 de decembro e o 7 de xaneiro, nas instalacións dos CEIP Quiroga Palacios e Monte dos Postes e as familias interesadas poderán presentar a súa solicitude desde mañá, 29 de outubro ata o vindeiro 4 de novembro. Tamén abre hoxe o prazo de solicitude para participar no programa de conciliación VacaLudos no Espazo María Miramontes.
O programa de conciliación de Nadal é unha iniciativa municipal dirixida a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria da cidade (entre o 2º ciclo de educación infantil e o 3º ciclo de educación primaria) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, concebido como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións
A oferta de actividades para esta edición desenvolverase durante o período de vacacións escolares de Nadal: os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2024 e o 2, 3, e 7 de xaneiro de 2025. O horario será de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de ampliar o horario co servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e o servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).
Presentación de solicitudes
O prazo de inscrición será entre os días 29 de outubro e 4 de novembro (ambos os dous inclusive).
As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Se se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago, deberá escollerse o trámite "Inscrición nos programas de conciliación do Departamento de Educación. Programa de Conciliación Nadal 2023. Modelo ED010, dentro do catálogo de trámites dispoñible.
O Departamento de Educación do Concello de Santiago publicará a lista de admitidos e, no seu caso excluídos, na páxina web do Concello de Santiago. No caso de existir máis demanda que prazas ofertadas realizarase un sorteo público
Documentación relacionada