Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
24/10/24

18 Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia xa estamos a argallar a 18º edición do Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental, e queremos contar contigo!

Trátase dunha xornada orientada a dar resposta ás diferentes dúbidas, dificultades e tipos de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual que teñen trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados. Nesta edición o Seminario xirará en torno a dous grandes temas: como acompañar ás persoas con alteracións sensoriais e a saúde mental familiar. Asemade, contaremos cunha mesa redonda sobre novas realidades na que poderemos compartir impresións sobre o novo modelo social de dereitos, o novo baremo de recoñecemento do grao de discapacidade e o día a día na prestación de apoios nos centros.

Nesta ligazón podedes consultar o programa completo e os profesionais que nos acompañarán durante a xornada: [/b]https://www.fademga.org/es/novas/18-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental.html

PRAZOS E CUSTO
Aquelas persoas interesadas en participar debedes enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada a areasocial@fademga.org

Tedes dous prazos para facelo.

1º prazo: Aberto ata o 15 de novembro

Custo de 10€ para:
- Persoas que pertenzan a unha asociación federada en FADEMGA e
- Estudantes da USC

Custo de 18 € para:
- Persoas que non pertencen a ningunha asociación federada en FADEMGA e
- Persoas que pertencen a unha asociación que forma parte de FADEMGA pero inscríbense a título persoal.

2º prazo:Entre o 16 e o 21 de novembro

Custo de 15 € para:
- Persoas que pertenzan a unha asociación federada en FADEMGA e
- Estudantes da USC

Custo de 25 € para:
- Persoas que non pertencen a ningunha asociación federada en FADEMGA e
- Persoas que pertencen a unha asociación que forma parte de FADEMGA pero inscríbense a título persoal.


PROCESO DE INSCRICIÓN
- O número de conta para facer o ingreso é: ABANCA ES87 2080 0300 8930 4012 6857
- No concepto indicarase: 18 seminario + nome da persoa.
- Envía a túa inscrición xunto co xustificante de pago a areasocial@fademga.org
- O remate de cada un dos prazos confirmaremos a praza dende FADEMGA vía mail.
- En caso de cubrirse o aforo notificaremos as persoas que non sexan admitidas e reembolsaremos o importe inicialmente abonado.
- Tras a confirmación da praza, non se reembolsara o importe abonado, no caso de producirse algunha baixa, independentemente do motivo da mesma.
- No caso de entidades que forman parte de FADEMGA, emitiremos obrigatoriamente unha factura polo importe ingresado.
- As entidades que non formen parte de FADEMGA e particulares que se inscriban a título persoal deberán indicar se necesitan factura e nese caso, facilitarnos os datos fiscais

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)