Novas

02/03/23

Prazos e procedementos de inscrición nas escolas infantís municipais. Curso 2023/2024

Prazos e procedementos de inscrición nas escolas infantís municipais. Curso 2023/2024

Apertura de prazos e procedementos de reserva, admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2023-2024.

O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 16 de marzo ao 17 de abril de 2023.
As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo normalizado "Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais" ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago ( https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla o trámite "Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais" dentro do catálogo de trámites dispoñible.

O prazo de presentación de solicitudes do procedemento de reserva de praza e traslado do alumnado actual e, dos/as traballadores/as das E.I.M de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños será entre os días 1 e 10 de marzo de 2023 (ambos os dous inclusive). As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado "Solicitude de reserva de praza nas escolas infantís municipais" ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)