17/12/10
Programa de TERMALISMO SOCIAL
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo Social (BOE nº 305, do 16 de decembro de 2010).
Requisitos das/dos solicitantes:
* Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
* Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
* Valerse en por si para as actividades da vida diaria.
* Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
* Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. .
Prazo de solicitude:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive):
* Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 17 de xaneiro de 2011.
* Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 16 de maio de 2011.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive):
* Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de maio de 2011.
* Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 28 de outubro de 2011.
Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia segundo o domicilio do potencial beneficiario.
Documentación relacionada