02/11/22
Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental - 25 de novembro
O vindeiro 25 de novembro a Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela acollerá a 16 edición do Seminario de discapacidade intelectual e saúde mental organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia. Cada ano reúne a profesionais de toda Galicia coa finalidade de difundir os avances e desafíos no ámbito da discapacidade, ao tempo que proporcionamos un foro de encontro e discusión aberto a profesionais, voluntarios e estudantes que se están formando, traballan ou prestan apoios no ámbito da discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.
Asemade, o Seminario axuda a fomentar a transferencia de investigacións e prácticas profesionais e organizacionais baseadas en evidencias (como o prototipo de redución de prácticas restritivas) e ofrece aos profesionais información e formación teórica e práctica, sobre a creación de espazos emocionais.
Seguindo esta liña temática, este ano o Programa inclúe un relatorio sobre como cambiar as crenzas coa dignidade como base e outro sobre como reducir as prácticas restritivas, finalizando cun último espazo destinado a aprender como coidar dos demáis pero tamén de nós mesmos.
:: CÓMO PARTICIPAR
O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de novembro.
Lembrade que debedes enviar a inscrición debidamente cuberta e asinada a areasocial@fademga.org
Podedes descargar a inscrición e programa da xornada: https://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1870-16-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental