23/06/22
REQUIRIMENTO DE SUBSANACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN PARA A RESOLUCIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023.
REQUIRIMENTO DE SUBSANACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
PARA A RESOLUCIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
E/OU MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023.
1. En cumprimento do establecido na base reguladora 7.1 da convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, “Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, publicaranse dúas listaxes; a primeira, onde figurará a identificación das persoas interesadas así como a súa data de rexistro de entrada e unha segunda, onde só aparecerán as persoas interesadas que deberán emendar ou mellorar a súa solicitude, para que no prazo de 10 días naturais (a contar dende o día seguinte á publicación) corrixan a falta ou acheguen os documentos preceptivos.
De acordo co previsto no artigo 68.1. da Lei de Procedemento Administrativo Común e Administración Pública, en canto a subsanación e mellora das solicitudes, publicarase un anuncio co listado de todas as solicitudes, que substituirá ao requirimento individual á persoa interesada, no taboleiro de edictos do Concello, do Centro de Servizos Sociais sito na Rúa Isaac Díaz Pardo, 4-6, na páxina web www.compostelaintegra.gal, na páxina web de Servizos Sociais e a do Concello (www.santiagodecompostela.gal), para que, nun prazo de dez días naturais a contar dende o día seguinte á data da publicación na páxina web do concello, subsane a falla ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo así, teráselle por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada non termos do art. 21 da LPACAP.
Ditas listaxes publicaranse unicamente co número de documento de identidade das persoas solicitantes, para salvagardar a identidade das persoas beneficiaria s e solicitantes(disposición adicional sétima da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Cando se acredite que a persoa solicitante ten a condición de vítima de violencia de xénero con orde de protección, a publicación no taboleiro de anuncios será substituída pola notificación individual, cando así se solicite pola persoa interesada na súa solicitude. Esta situación acreditarase mediante certificación da orde de protección, da medida cautelar ou por calquera outro dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega
para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”.
2. Deste xeito o prazo de subsanación está aberto dende o día 24/06/2022 ata o día 03/07/2022 (ámbolos dous incluídos)
Documentación relacionada