Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
04/05/22

presentación pública do proxecto da recuperación da memoria do Barrio de Vite, a través do proxecto VITE ARQUIVA

Por fin chegou o día de facer a presentación pública do proxecto da recuperación da memoria do Barrio de Vite, a través do proxecto "VITE ARQUIVA", polo que temos o gusto de convidar a vostede á presentación e inauguración deste proxecto, que terá lugar o venres, 06 de maio de 2022, ás 19.00h, no Centro Sociocultural "José Saramago" en Vite.

ViteArquiva é un proxecto que nace da vontade de coñecer e de contar a historia dun barrio desde o propio barrio. Vite é un espazo urbano de vivendas sociais de finais dos anos 70 do pasado século, un dos lugares máis organizados a nivel asociativo sendo referente na loita veciñal tanto para a cidade como para o resto do Estado. Este feito marcará a identidade dun barrio que quere ser contado e lembrado.

Partimos dun proceso colaborativo no que os diferentes axentes veciñais levan a cabo unha inmersión na súa historia a través da recompilación do seu patrimonio material e inmaterial organizándoo de xeito espontáneo e autoxestionado. Pretende ser un espazo onde a memoria da veciñanza poida quedar depositada e salvagardada creando así unha infraestrutura social de coñecementos compartidos e perdurábel no tempo.

Para coñecer o proxecto pode atoparnos en: vitearquiva.com




SDPrezada/prezado:

Desde Vite Arquiva temos o gusto de convidar a vostede á presentación e inauguración deste proxecto, que terá lugar o venres, 06 de maio de 2022, ás 19.00h, no Centro Sociocultural "José Saramago" en Vite.

ViteArquiva é un proxecto que nace da vontade de coñecer e de contar a historia dun barrio desde o propio barrio. Vite é un espazo urbano de vivendas sociais de finais dos anos 70 do pasado século, un dos lugares máis organizados a nivel asociativo sendo referente na loita veciñal tanto para a cidade como para o resto do Estado. Este feito marcará a identidade dun barrio que quere ser contado e lembrado.

Partimos dun proceso colaborativo no que os diferentes axentes veciñais levan a cabo unha inmersión na súa historia a través da recompilación do seu patrimonio material e inmaterial organizándoo de xeito espontáneo e autoxestionado. Pretende ser un espazo onde a memoria da veciñanza poida quedar depositada e salvagardada creando así unha infraestrutura social de coñecementos compartidos e perdurábel no tempo.

Para coñecer o proxecto pode atoparnos en: vitearquiva.com




Saúdos dende Vite Rede

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)