03/05/22
CONVOCATORIA BECAS COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR Y ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023.
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
Contía.
Bolsas para unidades familiares e de convivencia con escaseza de recursos económicos:
a) Bolsas de comedor: aboaranse 90 €/mes, salvo que o importe sexa inferior á devandita contía; nese caso abonarase
o importe xustificado. Período temporal: 10 meses, setembro 2022 - xuño 2023.
b) Bolsas de realización de actividades extraescolares: abonarase ata 15 €/mes (para o caso de actividades de 1 hora ou día á semana), e ata 30 €/mes (para o caso de actividades dende 2 horas ou 2 días á semana), salvo que o importe sexa inferior a ditas contías. Neste caso aboarase o importe xustificado. Período temporal: 9 meses, outubro 2022 - xuño
2023.
c) Bolsas de adquisición de material escolar: ata un máximo de 60 € (pago único), dependendo do gasto xustificado.
Bolsas de comedor para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Concederanse ata 120 bolsas, por importe de 45,00 €/mes. Período temporal: setembro 2022 - xuño 2023.
Documentación relacionada