Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
24/03/22

Obradoiro de "Habilidades de acompañamento para o traballo con familias"

O traballo con familias experimentou nos últimos anos grandes cambios: modelos centrados na persoa ou centrados na familia, envellecemento das familias e das persoas usuarias, a crise do coronavirus...

Estas novas realidades requiren tamén de novas formas de facer e de pensar a relación coas familias e, sobre todo, dos recursos para acompañar os procesos emocionais que xeran estos cambios.

Por todo elo, a través deste obradoiro en liña, dirixido a profesionais, queremos promover unha reflexión sobre a necesidade de integrar no rol profesional unha nova maneira de acompañar.

:: DATA E INSCRICIÓN

O obradoiro celebrarase o vindeiro 1 de abril de 11:30 a 13:30 horas.

Se estades interesados/as en participar, soamente tedes que enviarnos a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada a areasocial@fademga.org

O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de marzo, e neste enlace podedes descargar a documentación para realizar a vosa inscrición.

Unha vez inscritos recibiredes un correo electrónico co enlace a Zoom para poder conectarvos.

Para inscribirse:https://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1815-obradoiro-de-habilidades-para-o-acompanamento

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)