10/02/22
Gratuidade escolas infantís municipais a partires do segundo fillo
Publícase información relativa á gratuidade das escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños municipais a partir do segundo fillo
ESCOLAS INFANTIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS GRATUIDADE DE SEGUNDOS FILLOS E SUCESIVOS
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O 28 DE AGOSTO DE 2020, ACORDOU ACOLLERSE Á GRATUIDADE DA ATENCIÓN EDUCATIVA AOS 2º FILLOS/AS E SUCESIVOS USUARIOS/AS DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS A PARTIR DO CURSO 2020-21, PARA O QUE ESTÁ PERCIBINDO UNHA AXUDA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA:
NO ANO 2020: 23.114,40 € (SETEMBRO-DECEMBRO)
NO ANO 2021: 57.770,04 €
ASÍ ESTAS ESCOLAS INFANTÍS SON GRATUÍTAS PARA AS FAMILIAS CON SEGUNDOS FILLOS E SEGUINTES.