Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
26/11/21

Xornada de clausura e devolución do proxecto de Aprendizaxe-Servizo “Saúde biopsicosocial, inclusión e vulnerabilidade. Corpos, casas e barrios en pandemia”

O vindeiro 1 de decembro terá lugar a xornada de clausura e devolución do proxecto de Aprendizaxe-Servizo “Saúde biopsicosocial, inclusión e vulnerabilidade. Corpos, casas e barrios en pandemia”, no que abordamos a saúde comunitaria baseada en activos desde unha mirada feminista e multicultural a través de 3 espazos de investigación: os corpos, as casas e os barrios. Realizamos sí unha radiografía do estado actual dos activos de saúde no barrio de Vite e elaboramos propostas para melloralo, partindo dunha indentificación conxunta dos retos e necesidades existentes no barrio.


o O proceso desenvolvido durante o curso académico 2020/2021 polo alumando e profesorado da Escola Universitaria de Traballo Social da USC, co acompañamento da ONGD Farmamundi e diversas entidades sociais e traballadores/as sociais do barrio de Vite, a plataforma Vite en Rede e o Plan socio-comunitario do barrio.

o Presentación e entrega de mapas de activos de saúde bo barrio, destinado á veciñanza bo barrio e asociacións da contorna.

Celebración:

Data: Mércores 1 decembro 2021
Hora: 16 horas

Lugar: Centro Socio-cultural José Saramago, Vite, Santiago de Compostela.

Rúa Carlos Maside, 7, Santiago de Compostela, 15704

Inscricións:

bit.ly/mapavite

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)