Novas

17/11/21

"LECCION XITANA"

Incorporase a web información sobre a “Lección Xitana”, a exposición da campaña de sensibilización da Fundación Secretariado Gitano para contribuír ao coñecemento do pobo xitano e loitar contra a discriminación.
“Lección Xitana” é ese capítulo perdido dos libros de historia; a cultura silenciada; os nomes propios invisibilizados; as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron.
- Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval
- Do 18 ao 28 de novembro
- De martes a domingo, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.00 h

A exposición enmárcase na celebración, en Santiago de
Compostela, do XVII Encontro Institucional da Fundación
Secretariado Gitano, no que participan cadros Directivos e
Intermedios de toda España, (terá lugar do 17 ao 19 de
novembro) e é posible grazas á colaboración do Museo do
Pobo Galego.
Máis información:
- Lección Gitana www.lecciongitana.org
- Museo do Pobo Galego http://www.museodopobo.gal/

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)