Novas

Plataforma polo Emprego
11/08/21

PLATAFORMA POLO EMPREGO IMPARTE OBRADOIROS DE COCIÑA INTERCULTURAL

No marco do Programa “Compostela Convive”, imos levar a cabo o sábado 11 de setembro de 2021, a actividade “OBRADOIROS DE COCIÑA INTERCULTURAL”.

Este obradoiro forma parte das actividades interculturais, que contribúen a visibilizar e sensibilizar sobre a realidade intercultural do concello de Santiago, e promoven a convivencia na sociedade galega de acollida.

DATA: sábado 11 de setembro de 2021
HORARIO: de 17:00 a 20:30 hs.
LUGAR: C.S.C. José Saramago de Vite rúa Carlos Maside 7 Santiago


Actividade subvencionada pola Concellaría de Políticas Sociais e Saúde. UAMI Concello de Santiago de Compostela.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)