Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
10/08/21

Formación en voluntariado dixital e tecnolóxico

CONTIDOS
Módulo 1 : INTRODUCIÓN.
Modulo 2: OFERTAS DE VOLUNTARIADO DIXITAL.
Modulo 3: PLATAFORMAS E RECURSOS PARA LEVALO A CABO.
Modulo 4: ANÁLISE DE EXEMPLOS E CASOS PRÁCTICOS.
DOCENTES
Profesionais de Recursos Galicia
NÚMERO DE HORAS CURSO
25 horas, distribuídas ó longo de 1 mes de duración.
DATAS DE REALIZACIÓN
15 de setembro a 15 de outubro de 2021
HORARIO
O alumnado terá total liberdade para realizar o curso desde calquera ordenador conectado a Internet, dende calquera lugar, a calquera hora, tendo en conta a temporalización marcada para cada tema.
LUGAR DE REALIZACIÓN
O curso realizarase utilizando a plataforma online e-Recursos : https://www.recursosgalicia.es/formacion/
PERSOAS DESTINATARIAS
Responsables de voluntariado e persoas voluntarias en entidades sociais
NÚMERO DE PRAZAS
25 prazas
PREZO
De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN
06/09/2021
Comunicarase a admisión ó e‐mail indicado na ficha de inscrición o día 8 de setembro de 2021.
Unha vez superado o curso, emitirase un certificado acreditativo ao alumnado, sempre que cumpran os requisitos do curso .
SOLICITUDES
Para inscribirse: Enviar vía e‐mail a formacion@fademga.org a seguinte documentación:
• Ficha de inscrición e protección de datos cumprimentada e asinada.
• Carné/compromiso/convenio/documento que acredite ser persoa voluntaria dalgunha entidade social.
Á hora de seleccionar os participantes do curso, primarase:
1. Ser responsables de voluntariado e persoas voluntarias de FADEMGA Plena inclusión Galicia e entidades federadas.
2. Orde de chegada da solicitude á Federación.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)