09/08/21
Requerimento de subsanación de solicitudes e documantación para a resolución de bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar. Curso2021/2022
Requerimento de subsanación de solicitudes e documantación para a resolución de bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar. Curso2021/2022
En cumprimento do establecido na base reguladora 7.1 da convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela (BOP núm. 106, do 08/06/2021) "Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, publicaranse dúas listaxes; a primeira, onde figurará a identificación das persoas interesadas así como a súa data de rexistro de entrada e unha segunda, onde só aparecerán as persoas interesadas que deberán emendar ou mellorar a súa solicitude, para que no prazo de 10 días naturais (a contar dende o día seguinte á publicación) corrixan a falta ou acheguen os documentos preceptivos.
O prazo de subsanación está aberto dende o día 10/08/2021 ata o día 19/08/2021 (ámbolos dous incluídos).
Direccións relacionadas
Documentación relacionada