Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
22/06/21

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA GUÍA EMERXENCIA SOCIAL

Dende a Federación vimos de elaborar unha "Guía de emerxencia social en lectura fácil" para facilitar o acceso a servizos sociais a todas as persoas interesadas, pero especialmente pensando nas persoas con discapacidade intelectual e ou do desenvolvemento que puideran precisar esta información de maneira accesible. Trátase dunha guía elaborada como parte do noso programa "Collendo impulso", que está financiado pola Xunta de Galicia grazas ás persoas que marcan a "X Solidaria" na súa declaración da renda.

Considerando que será unha ferramenta que facilitará a comunicación de moitas entidades cos seus usuarios e usuarias, convidamos a todos aqueles profesionais de entidades interesadas a participar na presentación.

Dito encontro terá lugar en Santiago de Compostela, o vindeiro luns 28 de Xuño de 2021 nas instalacións do Cersia (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela), en horario de 10 a 13.30h.

Se estás interesado/a en participar, tan só tes que cubrir a inscrición e enviala cuberta a areasocial@fademga.org ata o 24 de xuño, inclusive

Podes descargar tanto a inscrición como o programa da xornada neste enlace: https://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1765-presentacion-da-guia-de-emerxencia-social-en-lectura-facil-inscribete

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)