Novas

02/06/21

SEMUS Compostela

O SEMUS Compostela é o novo Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela, que poñemos en marcha co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de Cruz Vermella.


As urxencias sociais que pode padecer a poboación da nosa cidade non teñen horario, e dende o Concello queremos ter respostas articuladas a estas situación, tamén cando os servizos sociais non están operativos. Falamos de sutuacións sobrevindas de rúa, menores en risco, violencia de xénero, violencia intrafamiliar, derrubas, incendios, etc.; trátase de situacións de gravidade, que supoñen un risco para a integridade das persoas e que precisan dunha resposta inmediata. Para atendelas axeitadamente contamos co SEMUS Compostela, o novo Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela, que poñemos en marcha co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de Cruz Vermella. O servizo xa está en funcionamento, e está dispoñible de luns a venres dende as 15h da tarde ata as 8h da mañá e fins de semana e festivos 24 horas.


É importante que a poboación que estea en situacións de urxencia social chame teléfono único de emerxencias, o 112, ou á Policía Local.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)