24/02/21
Procedementos de reserva, admisión e matrícula nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2021-2022.
A Xunta de Goberno Local aprobou os procedementos de reserva, admisión e matrícula nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2021-2022. O prazo de presentación das solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual, establécese entre os días 1 e 10 de marzo; e o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 16 de marzo ao 16 de abril de 2021.
Achegase información sobre o procedemento.