Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
14/08/20

CURSO ONLINE GRATUITO "FORMACIÓN DE FORMADORES"

Do 15 de outubro ó 2 de decembro, ímos poñer en marcha unha nova edción do curso de "Formador de formadores" en modalidade online e cunha duración de 70 horas.

O curso, 100% subvencionado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, está dirixido principalmente a traballadores ocupados pertencentes a empresas do sector educación, tales como:

- Centros e servizos de atención á discapacidade.

- Centros de educación universitaria e investigación.

- Autoescolas. - Reforma xuvenil e protección de menores.

- Sector de ocio educativo e animación sociocultural.

- Empresas de ensinanza privada e concertada: colexios, academias, etc.

- Centros de asistencia e educación infantil.

- Colexios maiores universitarios.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de setembro de 2020 e a información debe remitirse vía mail a formacion@fademga.org

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)