Novas

29/06/20

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE
COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E CONCERTADOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (SEGUNDO CICLO) E DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA O CURSO 2020-2021.



OBXECTO
O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2020/2021, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación

MODALIDADES DE BOLSAS E FINALIDADE

Bolsas de comedor: destinadas a facer fronte ao custo do servizo de
comedor.
A.2. Bolsas para a realización de actividades extraescolares: destinadas a
sufragar actividades educativas, deportivas, culturais e xuvenís que se
realicen nos centros educativos sostidos con fondos públicos.
A.3. Bolsas para adquisición de material escolar para o alumnado do segundo
ciclo de Educación Infantil, destinadas a sufragar o material necesario para o
inicio e desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de
cada colexio e das súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal,
papelería, material funxible etc).
B. Bolsas para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das
unidades familiares e de convivencia


5.2.- REQUISITOS ESPECÍFICOS PARA A MODALIDADE A (BOLSAS POR
ESCASEZA DE RECURSOS)
• Non superar a renda per cápita o máximo de 6.454,08 € anual (IPREM), de
conformidade co baremo establecido na base 8.
• Alcanzar un mínimo de 10 puntos, en aplicación do baremo
• No caso das bolsas para actividades extraescolares, o/a menor ou menores para
quen se solicita a bolsa deberán contar con praza nelas e presentar unha
certificación da matrícula nas actividades extraescolares na que conste a
identidade da Entidade Colaboradora, o nome da(s) actividade(s) e o(s) seu(s)
prezo(s) e período de realización, por calquera dos seguintes modos:
o De xeito telemático, a través do “Rexistro Electrónico Común - REC”,
accesible no enderezo electrónico
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
o No Rexistro do concello.
 Cómpre informar que o horario do Rexistro Municipal é o seguinte:
- Ordinario, de luns á venres, de 09:00 a 14:00 horas.
- De verán (entre o 15 de xuño e o 15 de setembro): de luns á venres,
de 09:00 a 13:00 horas.
o Por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
Públicas.
Coa fin de axilizar a tramitación das solicitudes e para evitar a
concentración de persoas, recoméndase a presentación telemática das
instancias a través do Rexistro Electrónico Común - REC.
O prazo para a presentación deste documento rematará o día 18 de
setembro do 2020, salvo por causa xustificada e acreditada, que poderá
ser presentado ata o día 30 de setembro do 2020, incluído.

5. REQUISITOS DAS FAMILIAS BENEFICIARIAS
5.1.- REQUISITOS COMÚNS PARA AS FAMILIAS BENEFICIARIAS DE AMBAS AS
MODALIDADES:
• Estar empadroadas e residir de forma efectiva no concello de Santiago de
Compostela e convivir cos menores de idade para os que se solicita a bolsa.
• Ser o/a proxenitor/a, posuír a tutela legal do menor ou menores para os que solicite a bolsa, ter concedido o acollemento familiar destes ou un permiso de convivencia autorizado pola administración pública con competencias na materia .
• Estar ao corrente, durante todo o período subvencionable, e ata o último trámite de xustificación, no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Santiago e coa Seguridade Social, salvo situacións de risco social, nas que obrigatoriamente debe intervir a Administración Local, que estean debidamente acreditadas mediante informe socio educativo emitido polos servizos sociais comunitarios.
• Non incorrer en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
• Asistir ao comedor do centro durante todo o curso escolar, agás os meses de setembro e xuño que poden ter carácter voluntario ou non ofrecer o centro ese servizo. Non se admitirán solicitudes na modalidade de fixos descontinuos nin esporádicos. De face un uso irregular do servizo sen xustificación (ausencias superiores ao 10% dos días lectivos mensuais) poderá ser causa de extinción.
7. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes formalizaranse segundo os modelos normalizados que se inclúen neste documento (anexo I, anexo II e anexo III) e que estarán a disposición das persoas interesadas na Concellaría de Políticas Sociais e Saúde, na Oficina de Atención á Cidadanía e na páxina web www.santiagodecompostela.gal. Deben presentarse debidamente cubertas, xunto coa documentación que se detalla nas bases 9 e 10, polos
seguintes medios:
o De xeito telemático, a través do “Rexistro Electrónico Común - REC”,
accesible no enderezo electrónico https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
o No Rexistro do concello.
o Por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
Públicas.
Coa fin de axilizar a tramitación das solicitudes e para evitar a concentración de persoas, recoméndase a presentación telemática das instancias a través do Rexistro Electrónico Común - REC.
As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
No caso, de que ao presentar a solicitude quede pendente de achegar algunha documentación, esta só poderá presentarse durante o prazo previsto para a presentación de solicitudes; de non facelo no dito prazo, as persoas solicitantes deberán gardar á fase de emenda e mellora das solicitudes que prevé a seguinte base.

Acheganse bases da convocatoria

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)