01/06/20
CONVOCATORIA BONOTAXI 2020
Dende a Concellería de Políticas Sociais e saúde informase que se retoma a convocatoria de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo e adaptado para as persoas con dificultades para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela, que poden ser do seu interese.
Trátanse de prestacións económicas dirixidas a persoas empadroadas en Santiago de Compostela que axudan a cubrir gastos derivados do uso do servizo de taxi a persoas que teñen dificultades para o uso do transporte público. A modo de resume, indicarlle que poderán ser beneficiarias destas axudas:
1. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente a súa mobilidade
2. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual grave.
3. Persoas sometidas a tratamentos periódicos administrados dende calquera centro hospitalario da cidade que acrediten dificultades de condución.
4. Persoas con discapacidade recoñecida (a partir do 33 %), pero que residan no entorno rural do Concello de Santiago de Compostela polas limitacións derivadas da menor frecuencia de liñas de transporte público.
4.Persoas maiores de 65 anos que residan no entorno rural do Concello de Santiago de Compostela polas limitacións derivadas da menor frecuencia de liñas de transporte público.
5.Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público
O prazo para solicitar estas axudas remata o 22 de xuño de 2020 (luns).
Para realizar a solicitude ou obter mais información sobre esta convocatoria poden dirixirse a:
Centro Municipal de Servizos Sociais
Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4, Galeras.
Tef. 981542465
Email: psociais.diversidades.saude@santiagodecompostela.gal
Documentación relacionada