02/03/20
Inauguración Exposición "Eu, ti, elas"
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia imos presentar a exposición “Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras” , o obxectivo principal desta exposición é visibilizar a loita diaria das mulleres con discapacidade intelectual na promoción da súa plena cidadanía.
Coas diferentes fotografía pretende reflexar as semellanzas entre as mulleres con discapacidade intelectual e outras mulleres sen discapacidade que loitaron por conseguir grandes fitos na Historia.
Temos o pracer de convidarvos o vindeiro 6 de marzo, ás 10:00 horas, no centro de ABANCA (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela).
O programa a seguir será o seguinte:
10:00 a 10:45 Inauguración
10:45 a 11:00 Lectura manifesto
11:00 a 12:30 Mesa de experiencias
12:30 a 13:30 Visita da exposición e café
Prégase confirmación de asistencia e número de asistentes xa que o aforo e limitado ata o 4 de marzo o seguinte correo electrónico areasocial@fademga.org
Ademais a visita da exposición estará aberta ao publico o 6 de marzo en horario de 16:00 a 21:30, e o 7 de marzo de 10:00 a 20:00h