Novas

22/05/19

CONCERTO ROM SÁBADO 25 DE MAIO

Concerto xitano no Centro Cívico de Conxo.
Terás oportunidade de escoitar a un grupo acabado de formar chamado SASTÏPEN TALÎ, con algún músico de Conxo, que cun pé no flamenco e cunha formación ecléctica, interpretan desde pezas da música folk galega a versións de pezas flamencas. Ademais contará co proxecto NÓs de MARCOS TEIRA, proxecto GAÑADOR DO PREMIO MARTIN CODAX, na categoría de músicas do mundo, na sexta edición dos premios da música en Galicia. Un luxazo que non podedes perder. Comezo ás 20.00h.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)