Novas

Servizos Sociais: UTS Porta do Camiño
17/04/19

CONVOCATORIA AXUDAS BONOTAXI 2019

Dende a Concellería de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos informase que se acaban de convocar axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo e adaptado para as persoas con dificultades para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela, que poden ser do seu interese.

Trátanse de prestacións económicas dirixidas a persoas empadroadas en Santiago de Compostela que axudan a cubrir gastos derivados do uso do servizo de taxi a persoas que teñen dificultades para o uso do transporte público. A modo de resume, indicarlle que poderán ser beneficiarias destas axudas:

1. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente a súa mobilidade

2. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual grave.

3. Persoas con discapacidade recoñecida (a partir do 33 %), pero que residan no entorno rural do Concello de Santiago de Compostela polas limitacións derivadas da menor frecuencia de liñas de transporte público.

4.Persoas maiores de 65 anos que residan no entorno rural do Concello de Santiago de Compostela polas limitacións derivadas da menor frecuencia de liñas de transporte público.

5.Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público


As contías máximas que se poden conceder son as seguintes:

Límite de ingresos Contía máxima que se concede

Ata 9.681,12 € / ano 350 € (pago único)


Máis de 9681,13 € e 250 € (pago único)
ata 16.135,20 / ano

Máis de 16.135,20 e 150 € (pago único)
ata 19.362,24 /ano


O prazo para solicitar estas axudas remata o 6 de maio de 2019 (luns).

Para realizar a solicitude ou obter mais información sobre esta convocatoria poden dirixirse a:

Centro Municipal de Servizos Sociais
Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4, Galeras.
Tef. 981542465 ( preguntar por Javier Maroño)
Email: psociais.diversidades.saude@santiagodecompostela.gal

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)