Novas

AMICO (ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA)
27/03/19

CAMPAÑA X SOLIDARIA

Participamos na campaña X Solidario, que organiza EAPN Galicia.

As entidades sociais unímonos para presentar a campaña ante os medios de comunicación, para sensibilizar á poboación sobre a importancia que ten para nós que marquen este recadro de Fins Sociais cando fan a declaración da renda.

Son varios os sitios espallados polo territorio onde nos imos concentrar, pero en Santiago terá lugar o día 3 de abril ás 12:00 horas na Praza da Quintana.

Agardamos por ti.

NOTA: Con carácter previo hai que asinar unha autorización polo que recomendamos que vos poñades en contacto con AMICO


Teléfono: 678 739 030 - 981 574698

info@amico.es

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)