Novas

14/02/19

Cartel actividade "Uso racional da medicación "·

O vindeiro mércores día 20 terá lugar a 2ª Actividade Comunitaria no marco da 2ª Edición do Proxecto "Medrando cos nosos maiores" e que ten por título "Uso racional da medicación".

Realizarase no centro sociocultural das Fontiñas ás 11h.
Contarase coa colaboración da traballadora social do Centro de Saúde de Fontiñas xunto con persoal sanitario.

Achegamos cartel da xornada.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)