29/06/18
AXUDAS INDIVIDUAIS PARA O USO DO SERVIZO DE TAXI
Convocatoria pola que se outorgan axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para persoas con dificultade de mobilidade e outras. Ano 2018
A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión celebrada o 22 de xuño de 2018, acordou o outorgamento de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela. Ano 2018.
Prazo: 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación no BOP. Publicado no BOP do xoves, 28 DE JUNIO DE 2018 | BOP NÚMERO 122.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello
Anexos:
- Bases Convocatoria
- Solicitude
- Power point resumo coas axudas de taxi.
Documentación relacionada