Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
21/06/18

BASES E CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR

PUBLICADAS AS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E CONCERTADOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (SEGUNDO CICLO) E DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA O CURSO 2018-2019.

As solicitudes formalizaranse segundo os modelos normalizados que se inclúen neste documento (anexo I e anexo II) e que estarán a disposición das persoas interesadas na Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos na Oficina de Atención á Cidadanía e na páxina web www.santiagodecompostela.gal. Deben presentarse debidamente cubertas, xunto coa documentación que se detalla nas bases 9, 10 e 11, no Rexistro Xeral do Concello, na rúa do Presidente Salvador Allende, 2-4, ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo, así como nos órganos sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Prazo de Presentación de Solicitudes aberto desde o venres 26 de xuño ata o xoves 12 de xullo.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)