11/06/18
" A IMPORTANCIA DA DOAZON DE ORGANOS" ASOCIACION ALCER
ALCER: " A IMPORTANCIA DA DOAZON DE ORGANOS"
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (Alcer Coruña), nada no ano 1976, é unha entidade que persegue a mellora na calidade de vida, participación e independencia das persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC), trasplantadas de órganos e de todas aquelas persoas con enfermidades crónicas en xeral, a través de asistencia e información.
Entre as súas funcións, atópase a de levar a cabo accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos mediante o servizo “Alcer 7 vidas”. Este servizo caracterízase pola busca na sociedade da normalización de todo o proceso referente á doazón de órganos como xesto humano que permite dar dar vida ás persoas que estén á espera dun trasplante.
Atendendo a este obxetivo organízase una sesións de sensibilización que terá lugar o vindeiro día 12 de XUÑO as 18:00 h. no Centro Sociocultural das Fontiñas .