06/06/18
MAÑÁS DE VERÁN NOS CENTROS CÍVICOS 2018
A concelleira de Centros Cívicos presentou unha nova edición do programa Vive o Verán, que se desenvolverá ao longo do mes de xullo e que está dirixido a nenos e nenas empadroados no concello de Santiago e nados entre 2006 e 2014.
O programa desenvolverase nas mañás do mes de xullo, de luns a venres. Haberá actividades nos centros cívicos urbanos de Santa Marta, Ensanche, Fontiñas, Vite e Conxo, cun total de 140 prazas. No rural, o Vive o Verán ofertará un total de 120 prazas en catro centros: Nemenzo, A Gracia, Figueiras e Marrozos. En todos os casos, o prazo de inscrición vai do 4 ao 9 de xuño, e a formalización da matrícula será do 20 ao 26 de xuño. No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público o día 14 de xuño.
Os nenos e nenas participarán en actividades plásticas, de expresión artística ou teatro, gozarán de xogos populares e actividades deportivas, e poderán realizar saídas ao aire libre, sobre todo no caso dos centros do rural". Nos centros urbanos, as actividades serán de 10:00 a 14:00 horas, pero haberá servizo de conciliación dende as 8:00 ata as 15:00 horas. No caso dos centros cívicos do rural, o horario do Vive o Verán será de 9:30 a 14:30 horas.
Documentación relacionada