Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
22/11/10

O Mirador- Revista

Este xornal nace dunha iniciativa a nivel comunitario impulsado desde o Programa Municipal de Educación de Rúa da Concellaría de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela con colaboración de todas as entidades que levan traballando moito tempo no barrio de Fontiñas.

O Programa Municipal de Educación de Rúa ten coma unha das súas finalidades actuar no tempo de lecer da poboación infanto-xuvenil, ofertándolle actividades que promovan neles un ocio saudable ao mesmo tempo que se traballan outro tipo de valores que faciliten un desenvolvemento persoal e social pleno.
A súa vez, o Programa quere impulsar a labor comunitaria que se está levando desde fai anos no barrio de Fontiñas a través do traballo en rede das distintas entidades do barrio.
Por isto, unha das actividades principais do Programa é a creación dun xornal mensual de barrio, elaborado entre as diferentes entidades e as propias persoas destinatarias do Programa.


Que o barrio medre, reforzando o sentimento de pertenza ao mesmo, axudando a xerar vínculos e interrelacións entre todas as persoas, institucións e organismos que o conforman, sen distinción de ningún tipo. Para que isto sexa unha realidade posible, o Programa cre primordial traballar coa poboación xuvenil, presente e futuro da comunidade, axudando a crear suxeitos activos e comprometidos co seu entorno. Este traballo unicamente é posible coa implicación e a colaboración de todas as persoas xa que como compoñentes dunha realidade mutua e compartida, é responsabilidade de todos e todas ser partícipes nos procesos que poidan significar o reforzamento ou a mellora do barrio.

Que mellor vista para observar, analizar, participar, opinar, discutir ou admirar este traballo que …O MIRADOR !

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)