Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
15/05/18

Escolas de verán 2018. Programa municipal de conciliación

Escolas de verán 2018. Programa municipal de conciliación
O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2018 (xuño- xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago (ámboslos dous inclusive).

Prazo de inscrición: do 16 ao 31 de maio de 2018. (ámbolos dous inclusive).
Direccións relacionadas
Ficha de inscrición
Información xeral

Ligazóns relacionadas

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)