Novas

04/04/18

Acto 6 de abril 17h CSC Fontiñas "Das mulleres xitanas a todas as mulleres"

O vindeiro 8 de abril conmemórase o Día Internacional do Pobo Xitano en recordo do Congreso celebrado ese mesmo día do ano 1971 en Londres, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. Este día supón unha boa oportunidade para facer máis visible a causa xitana.

Acto presentación da campaña "Das mulleres xitanas a todas as mulleres: loitemos por cambiar os tempos" e da curta "Marcando la diferencia" feitas integramente por mulleres xitanas.

Lugar: CSC As Fontiñas
Data e hora: 6 de abril de 2018 17h

Tanto ás mulleres artistas como a nós nos encantaría contar coa vosa presenza.[/b]

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)