Novas

Servizos Sociais: PASS CABES
07/12/17

A Casa das Asociacións de Benestar Social recibiu ao alumnado da Universidade de Santiago de Compostela

O salón de de actos da Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES) de Meixonfrío acolleu este luns día catro de decembro a un grupo de alumnas e alumnos de 4º curso do grao en Traballo Social da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela. A Concelleira de Políticas Socias, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández explicou ao alumnado os recursos municipais específicos para a cidadanía que se atopa en situación de vulnerabilidade, risco ou exclusión social como a Ordenanza de garantía básica cidadá do Concello de Santiago de Compostela, entre outros.

Xunto á Concelleira, a Xefa de Sección de Sevizos Sociais, Eva González quen lles explicou a parte técnica do traballo social que se realiza nos Servizos Sociais Municipais.

O alumnado acudiu acompañado pola súa profesora Malena Puñal, quen seguiu atentamente as intervencións.

O obxecto destes achegamentos entre os Servizos Sociais Municipais e a Universidade de Santiago é poñer en contacto aos futuros e futuras profesionais do traballo social cos recursos municipais. Cómpre dicir que parte deste alumnado realizará durante catro meses o seu período de prácticas formativas de fin de grao nalgún dos catro Puntos de Atención de Servizos Sociais municipais (PASS). Un destes puntos de atención abícase na Casa das Asociacións de Benestar Social (PASS CABES) dende onde se atende á poboación da zona norte da cidade (Unidades de Traballo e Educación Social de Vite e Zona Norte).

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)