Novas

FONTE DA VIRXE DE FAMILIARES E AMIGOS DOS ENFERMOS MENTAIS
04/12/17

EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN GRANELL. OBRAS ANUAIS REALIZADAS NA ASOCIACIÓN FONTE DA VIRXE DE FAMILIARES E AMIGOS DOS ENFERMOS MENTAIS DE SANTIAGO

Como en anos anteriores e coa colaboración da Fundación Granell, as diferentes obras realizadas nos talleres do centro de rehabilitación psicosocial e do centro ocupacional da Asociación Fonte da Virxe de familiares e amigos dos enfermos mentais de Santiago, se expoñerán do 12 ó 17 de decembro no recinto habilitado pola Fundación na rúa do Toural.
O martes 12 ás 18:30 horas terá lugar a inauguración con diferentes actuacións do obradoiro de musicoterapia, proxeccións audiovisuais Pinta&Punto verán 2017 e o recoñecemento do labor de voluntarios e colaboradores.
O mércores 13, xoves 14, venres 15 en horario de 17:00 a 19:00 horas realizarase un obradoiro participativo Pinta&Punto & Photocall Solidario.
Agardando a participación comunitaria, adxuntamos o cartel e tarxeta de invitación desta experiencia pro saúde mental. CONTIGO SOMOS UN MUNDO...GRAZAS!!

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)