Novas

Servizos Sociais: UTS Porta do Camiño
01/12/17

BOSCO NADAL 2017

O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional do Nadal actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 13 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e do 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018.
Actividades educativas apropiadas para pasar mellor o Nadal: obradoiros, deporte, xogos... en grupo e acompañados permanentemente por monitores.

Inscrición
•Online: cubrindo o formulario de inscrición (www.cxdonbosco.org)
•Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

Para máis información chamar ao teléfono 981582243 ou enviar email a actividades​@​cxdonbosco.org

Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)