01/12/17
APERTURA DE PRAZO INSCRICIÓN PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2017
O Departamento municipal de Educación informa da apertura do prazo para participar no Programa de Conciliación laboral e familiar de Nadal 2017.
Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser
unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal.
Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017, e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 nos CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.
Poden participar nenos e nenas empadroados ou que cursen estudos en centros de educación
infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.
A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.
O prazo de inscrición estará aberto dende o venres día 24 de novembro ata o venres 11 de decembro de 2017.
Documentación relacionada