Novas

09/11/17

30 ANIVERSARIO DO PLAN COMUNITARIO DE VITE

O desenvolvemento comunitario no barrio de Vite é froito dunha acción sistemática e coordinada entre as entidades públicas e de iniciativa social da zona, en resposta ás necesidades da poboación e dando cumprimento a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.

Neste senso, o Plan Comunitairo de Vite leva 30 anos traballando no proceso evolutivo desta comunidade, territorialmente ben delimitada e da poboación-obxectivo, coa participación activa da veciñanza.

O vindeiro día 15 de novembro de 2017 conmemórase o 30 aniversario do Plan Comunitario de Vite.

O concello de Santiago xunto coas entidades que conforman a rede de traballo sociocomunitario Vite-Rede convidan á cidadanía e profesionais a participar na celebración que terá lugar o vindeiro 15 de novembro ás 19.00 horas no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

O programa de actos é o seguinte:

Exposición “30 ANOS FACENDO BARRIO”
Proxección do documental “Brancos, marróns, verdes e grises”
Actuación musical a cargo do alumnado do IES Xelmírez II

Intervirán:

A Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde
Representantes do Plan Comunitario de Vite
O Alcalde de Santiago de Compostela

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)