02/11/17
XI Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
Un ano máis, chega a FADEMGA o XI Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, que nesta ocasión terá lugar o venres, 24 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1) de Santiago de Compostela.
Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo multidisciplinar de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas e dificultades así como para abordar diferentes tipos de intervencións nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.Ademais, o grupo traballa para que Administración e profesionais se impliquen de maneira activa, asegurando o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.
Esta edición -que volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade- ten como finalidade:
• Informar e sensibilizar os profesionais de diferentes campos da necesidade de non limitarnos ó tratamento dos problemas de saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, senón anticiparnos os mesmos.
• Promover un foro de reflexión e debate sobre a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con alteracións da saúde mental.
• Dar a coñecer ós profesionais de diferentes campos metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: Apoio Activo (AA), Apoio Condutual Positivo (ACP) e Programación Centrada na Persoa (PCP).
• Ofrecer os profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre o abordaxe do benestar emocional nas persoas con discapacidade intelectual e nas familias.
• Facilitar ós profesionais estratexias para integrar o sentido do humor no traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
• Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.
O aforo é limitado, polo que se estás interesado en participar, podes formalizar a túa inscrición ata o 13 de novembro. A inscrición debidamente cumprimentada, así como o xustificante de pago debes enviala a areasocial@fademga.org
No seguinte enlace podes descargar a documentación para a túa inscrición e o cartel da xornada:www.fademga.org