02/11/10
REUNIÓN DO BARRIO DE FONTIÑAS E BENVIDA AOS VISITANTES EUROPEOS
O IES Antonio Fraguas participa nun programa Comenius multilateral con diversos países europeos: Alemaña, Dinamarca, Finlandia e Letonia.
O tema é Participación democrática e cidadanía activa no centro e nos seu contorno. Como vedes está xusto na nosa liña de traballo: cidadanía, colaboración e traballo en rede, a ética da participación para "facer barrio".
Dende o 7 ao 13 de novembro seremos anfitrións do grupo de profesorado e alumnado visitante. A axenda de actividades é moi completa: visitas ao Concello e ao Parlamento, xogos de pistas pola cidade vella cos educadores de rúa, talleres no IES sobre ciudadanía activa, reivindicación dun salón de actos para o centro, excursións...
O mércores día 10 visitarán o Centro Sociocultural das Fontiñas, polo que ese día a nosa reunión de barrio será un pouco máis longa do habitual. Sobre as 18.45 falaremos con eles da nosa forma de traballo en rede e contestaremos ás súas preguntas.
Agradecemos a presencia e colaboración das persoas de todas as entidades participantes.