06/10/17
10 DE OUTUBRO. DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
Para conmemorar o día mundial da saúde mental 2017, a Asociación de familiares e amigos dos enfermos mentais Fonte da Virxe, únese á acción de sensibilización impulsada por Feafes Galicia, coa que convida á cidadanía a reflexionar sobre como se pode fomentar a sáude mental no lugar de traballo. Traballar sen máscaras, empregar sen barreiras.
Para poder participar habilítase un mural dixital na páxina web de Feafes Galicia e un físico que Fonte da Virxe establecerá nas rúas de Compostela.
Mesas informativas e mural físico:
Praza do Toural - Días 3 e 4 de outubro de 16:30 a 18:30 horas
Praza de Cervantes - Días 5 e 6 de outubro de 16:30 a 18:30 horas
Praza 8 de Marzo - 9 de outubro de 16:30 a 18:30 horas
Praza do Matadoiro - 10 de outubro de 16:30 a 18:30 horas
De forma paralela, o martes 10 de outubro, a Asociación Fonte da Virxe proxectará no edificio da praza do matadoiro, un video e unha montaxe artística do proxecto de integración social e arte comunitaria Pinta&Punto ( adxúntase cartel ).
Para ampliar información, poñerse en contacto a través dos teléfonos 981884239 e 981574660 ou nos correos electrónicos direccion@fontedavirxe.org, javiersanmartin@fontedavirxe.org
Documentación relacionada