Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
28/09/17

AXUDAS PARA PERSOAS CON GRAVES PROBLEMAS DE MOBILIDADE

No día de hoxe, 28 de setembro de 2017, procédese a convocar axudas económicas de carácter individual que concede o Concello de Santiago de Compostela a persoas con discapacidade que, por teren gravemente afectada a súa mobilidade, non poden utilizar con carácter xeral o transporte público colectivo para proporcionarlles un servizo de desprazamento en taxi no ámbito territorial do termo municipal de Santiago de Compostela.


Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago de Compostela, que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente a súa mobilidade impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos, así como as persoas que teñan recoñecida una discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %, tal como dispón o artigo 32.2 da Lei 10/2014, do 3 decembro, de accesibilidade.

Ver bases en documentos adxuntos

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)